Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

miércoles, 2 de abril de 2014

2 abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

O ano pasado presentámosvos a Manuel, un neno con autismo. Non está enfermo como algúns cren, nin ten unha discapacidade, o que lle ocorre é que se relaciona dun xeito diferente á maioría dos nenos e nenas. Seguro que precisa de axuda cando ten dificultades, igual que a precisades vós cando non vos saen ben as cousas e cando sea máis maior quererá estar nunha clase como a vosa e cunha profe que lle axude. 
 O seu papá Seso Durán e a súa mamá Olga Lalín lle compuseron esta canción tan fermosa para amosarnos o moito que o queren e para que vexamos tamén que a Manuel lle gusta xogar igual que a vós, e rir, e ir a praia...



















No hay comentarios:

Publicar un comentario