Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

lunes, 29 de abril de 2013

AS NOSAS PLANTAS

A planta de Noel
A árbore que está detrás de min e unha pereira, está no xardín dos meus avós. É unha árbore froiteira de folla caduca, a súa folla é dunha cor verde escura, de forma ovalada. Na primavera florece cunha flor branca e pequena. O seu froito é a pera.

As plantas de Gemma

Esta árbore chámase Magnolio. É unha árbore de follas perennes e moi grandes. Florece a finais de primavera ou principio de verán. Crece lentamente e pode alcanzar os 30 metros de altura. Debe plantarse en lugar soleado, con un clima temperado e húmido. O Magnolio é unha das árbores máis fermosas do xardín gracias as súas flores que son grandes e perfumadas.

Os "setos" que vedes aquí son un grupo de arbustos que normalmente forman unha barreira e  serven para delimitar ou separar o xardín, os prados ou lugares de cultivo doutras zonas. No verán ofrece sombra e no inverno protección contra os ventos fríos.


O céspede que está baixo os meus pés é unha herba curta e mesta que se dá de forma natural ou se queredes se pode plantar en certos lugares como o xardín. Hai unha gran variedade de céspede dependendo do seu uso e do clima.


A unlla de gato e o toxo

Anxo foi de paseo coa familia e atopou dúas plantas que lle chamaron moito a atención.

Unha é a unlla de gato, unha planta cunhas fermosas flores de cor rosado procedente de Sudáfrica. E unha planta invasora, é dicir, non deixa medrar a outras plantas ao seu arredor e modifica a composición do chan. Pode destruir as dunas onde se atopa por iso moitas persoas preocupadas polo medio ambiente  e ecoloxistas  decidiron arrancalas de moitos lugares. Podes atopala sobre todo en dunas e paseos marítimos.




O toxo é unha planta moi común en Galicia. Son arbustos con espiñas cunha flor amarela chamada chorima ou alecrín.


Poema da semana: A semente



                                   
                                                            Ilustración: Leo Castro


E aquí tedes a Natalia e a Jaime recitando!!!


lunes, 22 de abril de 2013

23 de abril: Día do Libro


                                                            Ilustración de Mónica Carretero



Os dez dereitos do lector: 
     

                                     
Un neno que come libros!!!



     



Os fantásticos libros voadores!!





Os libros son os teus amigos...



Mergúllate nos libros!


Dive into the books!

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril conmemórase o Día da Terra, unha ocasión fenomenal para lembrar que temos que ser respectuosos co  noso planeta e co medio ambiente.






SÉ UN BO PLANETARIO COMO O CAPITÁN PLANETA!!!

REDUCE, REUTILIZA E RECICLA...



sábado, 20 de abril de 2013

LIM: As plantas

Se queredes xogar e saber moitas máis cousas destes seres vivos que nos rodean e aos que tamén temos que coidar e respectar, aquí tedes o LIM As Plantas para realizar actividades, crebacabezas, xogos de memoria, sopa de letras...


viernes, 19 de abril de 2013

1º B. Titiriteiros e titiriteiras!

Este ano varios alumnos trouxeron títeres que tiñan na casa e fixemos algunha que outra función improvisada! Foi moi divertido!

miércoles, 17 de abril de 2013

A ver quen adiviña...

Neste blogue hai unha flor que nos acompaña sempre, sabedes cal é?, como se chama?, cantas aparecen?, en que parte do blogue están?

Fiesta del jardín. "Alicia en el país de las maravillas"

Neste vídeo podemos atopar flores fermosísimas como a rosa, a margarida, o lirio, as campaniñas... Cal é a túa preferida? As plantas en realidade non cantan, pero o que si é verdade e que lles encanta que lle poñan música suave!

martes, 16 de abril de 2013

O ano do bosque

Neste vídeo podedes ver en menos de 3 minutos a vida dun bosque caducifolio durante 15 meses. O autor é Samuel Orr que desde a ventana da cabaña onde vivía, situada nunha  reserva natural de EEUU, tomou máis de 40.000 fotografías para amosarnos o ciclo vital dun bosque con todas estacións, as cores e os sons. 



a Forest Year from motionkicker on Vimeo.

viernes, 12 de abril de 2013

1º B. La gallina Turuleca.

Esta canción encántanos e decidimos facer algo chuli con ela. Xa que ten números decidimos utilizar as camisetas e traballar a nosa atención, coordinación e traballo en equipo. Foi moi divertido! A que quedou xenial!?

sábado, 6 de abril de 2013

Poema de la semana




SEMILLITA

Semillita, semillita
que en la tierra se cayó
y dormidita, dormidita
enseguida se quedó.

¿Dónde está la dormilona?
un pequeño preguntó
y las nubes contestaron
una planta ya creció.

Semillita, semillita
que recibiste calor
para dar una plantita
muchas hojas y una flor.

   Haydé G. de Guacci

lunes, 1 de abril de 2013

2 abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Manuel é un neno de catro anos con autismo. Non está enfermo como algúns cren, nin ten unha discapacidade, o que lle ocorre é que  se relaciona dun xeito diferente á maioría dos nenos e nenas. Seguro que precisa de axuda cando ten dificultades, igual que a precisades vós cando non vos saen ben as cousas e cando sea máis maior quererá estar nunha clase como a vosa e cunha profe que lle axude.


O seu papá Seso Durán e a súa mamá Olga Lalín lle compuseron esta canción tan fermosa para amosarnos o moito que o queren e para que vexamos tamén que a Manuel lle gusta xogar igual que a vós, e rir, e ir a praia...