Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

jueves, 19 de junio de 2014

Felices vacacións!!

Chegaron por fin as vacacións.Tempo de gozar da praia, do campo, da familia... Agora que xa sodes tan bos lectores non vos esquezades de ler, e lede moitos libros para así poder viaxar a cantos lugares desexedes!!!


Hora de lectura by Slidely Slideshow

jueves, 5 de junio de 2014

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Esta semana recibimos a visita de Anxo Moure, un contacontos xenial que nos ensinou a amar á natureza e as persoas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free photo slideshow




"Alza a túa voz, non o nivel do mar" 





miércoles, 4 de junio de 2014

Para practicar!

Para practicar sumas con levadas pica na imaxe


Para resolver problemas...


                                                           Fonte: Baseunha



                                                                Fonte: Baseunha

Para pagar con euros...


domingo, 11 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014 con Xosé María Diaz Castro


Achégase a conmemoración do Día das Letras Galegas!!
Este ano está dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro e mentras preparamos e ilustramos o poema "Esmeralda" deixamos estas actividades para facer un repaso da súa vida é obra... 






Fonte: Seminario Galán



Estas son as tres obras que eleximos para elaborar o mural de 1ºA esta semana!!

Cintia

Saúl

Anxo

Despois do noso traballo...



LETRAS GALEGAS 2014 by Slidely Slideshow


...este é o resultado final!!







domingo, 4 de mayo de 2014

AS PLANTAS

A ver se o adiviñas...


No noso blogue temos unha flor que nos acompaña sempre: sabes de que flor se trata?
sabes como se chama?
que  nos poderías contar dela...






Se queredes xogar e saber moitas máis cousas destes seres vivos que nos rodean e aos que tamén temos que coidar e respectar, aquí tedes o LIM As Plantas para realizar actividades, crebacabezas, xogos de memoria, sopa de letras...



Autor: Diego Fariña

Para poder ver e aprender con esta presentación interactiva facede clic na imaxe!









E co xardín do mago tes máis para aprender e xogar!!



Sabedes cal é a maior flor do mundo?




A vida dun bosque
Neste vídeo podedes ver en menos de 3 minutos a vida dun bosque caducifolio durante 15 meses. O autor é Samuel Orr que desde a ventá da cabaña onde vivía, situada nunha reserva natural de EEUU, tomou máis de 40.000 fotografías para amosarnos o ciclo vital dun bosque con todas as estacións, as cores e os sons. 


a Forest Year from motionkicker on Vimeo.

Baobab
Baobab  cóntanos a historia dun mono e unha muller árbore que viven en paz nun bosque ata a chegada dos  homes...

BAOBAB from Baobab on Vimeo.



O ROCK DAS PLANTAS!!

Pica na imaxe para cantar e bailar!!



Cintia Fariña

Carla Díaz

miércoles, 2 de abril de 2014

2 abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

O ano pasado presentámosvos a Manuel, un neno con autismo. Non está enfermo como algúns cren, nin ten unha discapacidade, o que lle ocorre é que se relaciona dun xeito diferente á maioría dos nenos e nenas. Seguro que precisa de axuda cando ten dificultades, igual que a precisades vós cando non vos saen ben as cousas e cando sea máis maior quererá estar nunha clase como a vosa e cunha profe que lle axude. 
 O seu papá Seso Durán e a súa mamá Olga Lalín lle compuseron esta canción tan fermosa para amosarnos o moito que o queren e para que vexamos tamén que a Manuel lle gusta xogar igual que a vós, e rir, e ir a praia...



















jueves, 20 de marzo de 2014

Saimos á compra


Hoxe saimos á compra. Xa temos a lista feita dos produtos que necesitamos  para preparar mañá no comedor os canapés cos que celebraremos o Día da poesía. Así, comendo e recitando remataremos a semana!!

De compras by Slidely Slideshow






Nélida Casal's Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 10 de marzo de 2014

Practicamos coas palabras

Rematou o entroido e hai que porse serios e serias, así que veña a practicar!!
Palabras con pr, pl

  LIM DE anllepernas- ebermúdez


Palabras con fl, fr, tr, dr

                  LIM DE anllepernas- ebermúdez


Palabras con crcl


Palabras con cr, cl, gr, gl 


LIM DE anllepernas- ebermúdez


Palabras con trdr, cr, pr, br





Palabras con bl, br

martes, 25 de febrero de 2014

BTA: BRIGADA TELETUBI AMARELO

Presentámosvos a BTA, ou o que é o mesmo, á Brigada do Teletubi Amarelo que é como se deciciron chamar: Nerea Caballero, Anxo Castaño, Sara Conde, Carla Díaz e Saúl Moreira despois de preparar o seu traballo de concienciación sobre a Reducción, Reutilización e Reciclaxe de plástico na escola.

Prepararon sós a súa exposición aproveitando o material que nos ofreceron despois dunha charla de ecoembres e para o contenedor, Raúl o conserxe, conseguiunos  amablemente un cubo de pintura que Reutilizamos na aula para recoller o plástico, xa que como ben explicaba Saúl na exposición: "No cole se consume moito plástico, reciclar é bo para o medio ambiente"


EQUIPO TEL by Slidely Slideshow

E...atendede moi ben ao que nos din nesta canción!!! ReducirReutilizar e Reciclar




Na semana do Entroido, vimos este documental que nos encantou e que vos recomendamos!







martes, 11 de febrero de 2014

A MIÑA MASCOTA


Os peixiños de Carla...

                                                                                                        Carla 1ºA
A tartaruga de Cintia ...

                                                                                                        Cintia 1ºA
"Esta es mi mascota,es una tortuga y se llama Aurora.Tiene un caparazón en el que puede ocultarse para protegerse de sus enemigos.En lugar de tener dientes tiene una especie de pico óseo con el que capturar a sus presas ya que es una tortuga carnívora.Captura a presas más pequeñas que ella.
Lleva 6 años con nosotros,y ya está acostumbrada a comer una comida especial que son bebés de gambas.Si le hubiéramos dado jamón u otro tipo de carne sería lo único que querría comer.Cuando era pequeña le dábamos moscas muertas,atontadas o incluso sin alas" Cintia.



O gato de Saúl...
"Este es mi gato es de color negro y ojos brillantes, y le gusta cazar topos y nos lo enseña en el porche y le damos un premio. Es muy cariñoso, un dia aparecio en casa cuando era una cria, y desde entonces lo cuidamos." Saúl

 
                                                                                                                      Saúl 1ºA
O hámster de Sergio...

                                        Sergio 1ºA
Sara e a súa mascota Magui...

                                                            Sara 1º A
Esta é a mensaxe que nos deixan as nenas e nenos do Colexio Público de Riomaior, Vilaboa.


MENSAJE ANIMALÍSTICO DE LOS NIÑOS DE VILABOA, PONTEVEDRA. from Cesar Bona on Vimeo.


Sabíades que os animais tamén poden ensinar ás persoas? Os papás deste bebé adoptaron dous cans e agora eles lle ensinan ao pequeno a gatear.






A outros, gústalles xogar cos pequenos e facerlles agarimos!!




Na aula tamén temos un calendario co que colaboramos coa asociación protectora de animais sen fronteiras!



E tivemos a visita de dúas personas voluntarias da  protectora de animais Lena de O Porriño que viñeron acompañadas de dous cans moi especiais,  Molly e Choupas!!









Sabedes o que é o "Proxecto Can Amarelo"
Pois que algúns cans levan un lazo, fita ou similar de cor amarela que pode indicar :

  • que non acepta que se lle acaricie 
  • que está convalecente dunha operación
  • que ten problemas para relacionarse con outros animais descoñecidos 
  • que sufriu un trauma
  • que é moi asustadizo

ou outras causas que nos indican que debemos respectar o seu espazo e preguntar aos seus donos antes de acercarse a eles.



viernes, 7 de febrero de 2014

OS ANIMAIS


Os animais: como son, onde viven, como se alimentan...


Pica na imaxe para poder xogar! 




Para saber mais pica aquí