Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

martes, 24 de septiembre de 2013

AQUILES

Esta mañá Raúl, o conxerse, veu a avisarnos de que no corredor había un boneco de madeira cunha nota para os nenos e nenas de primeiro.




Na nota, Aquiles pedíanos axuda para saber de onde vén o seu nome e para atopar as partes do corpo que lle faltan.



Mirade este vídeo, aparece Aquiles bailando!!




<



O abrazo de Aquiles...

Xa sabemos moitas cousas de Aquiles!!

Carla Díaz

Nerea Caballero

Saúl Moreira






Para coñecer máis cousas do corpo humano pica aquí



Saúl tiña moito interés en coñecer como funciona o cerebro e aquí tedes o seu traballo.

Saúl Moreira

Para coñecer e relacionarnos co contorno temos cinco sentidos: o tacto, a vista, o oído, o olfacto e o gusto. Preme na imaxe para coñecer máis cousas...



Dálle a máquina dos sentidos e verás que ben o pasas!!


Coa vista percibimos o que pasa ao noso arredor; co gusto recoñecemos os sabores; co olfacto ulimos o que está no entorno; co oído sentimos todos os sons e co tacto recoñecemos as cousas cando as tocamos.

Moitos nenos e  nenas que non poden oír os sons da fala empregan a linguaxe de signos que os axuda a comunicarse cos demáis coas súas mans. 
As nenas e nenos de infantil do cole Atlántida de Vigo aprenderon esta canción coa linguaxe de signos.




Saberíades dicir que sentidos emprega esta nena para desenvolverse no seu entorno?


Moitos de nós aprendemos moito do mundo con só miralo. Por iso as nenas e nenos cegos necesitan axuda extra para aprender.




E mentras investigamos sobre o corpo humano, deixamos un cadro para ir pensando...

Que vos parece?
Que están a facer?
Que título lle porías?
Quen será o seu autor?


1 comentario:

@miriamleiros dijo...

Queridos nenos : encantame o voso blogue e encántame ese proxecto de Aquiles no que estades a traballar, contádenos todo o que saibades de Aquiles. Ata pronto campións!

Publicar un comentario