Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

lunes, 29 de abril de 2013

AS NOSAS PLANTAS

A planta de Noel
A árbore que está detrás de min e unha pereira, está no xardín dos meus avós. É unha árbore froiteira de folla caduca, a súa folla é dunha cor verde escura, de forma ovalada. Na primavera florece cunha flor branca e pequena. O seu froito é a pera.

As plantas de Gemma

Esta árbore chámase Magnolio. É unha árbore de follas perennes e moi grandes. Florece a finais de primavera ou principio de verán. Crece lentamente e pode alcanzar os 30 metros de altura. Debe plantarse en lugar soleado, con un clima temperado e húmido. O Magnolio é unha das árbores máis fermosas do xardín gracias as súas flores que son grandes e perfumadas.

Os "setos" que vedes aquí son un grupo de arbustos que normalmente forman unha barreira e  serven para delimitar ou separar o xardín, os prados ou lugares de cultivo doutras zonas. No verán ofrece sombra e no inverno protección contra os ventos fríos.


O céspede que está baixo os meus pés é unha herba curta e mesta que se dá de forma natural ou se queredes se pode plantar en certos lugares como o xardín. Hai unha gran variedade de céspede dependendo do seu uso e do clima.


A unlla de gato e o toxo

Anxo foi de paseo coa familia e atopou dúas plantas que lle chamaron moito a atención.

Unha é a unlla de gato, unha planta cunhas fermosas flores de cor rosado procedente de Sudáfrica. E unha planta invasora, é dicir, non deixa medrar a outras plantas ao seu arredor e modifica a composición do chan. Pode destruir as dunas onde se atopa por iso moitas persoas preocupadas polo medio ambiente  e ecoloxistas  decidiron arrancalas de moitos lugares. Podes atopala sobre todo en dunas e paseos marítimos.




O toxo é unha planta moi común en Galicia. Son arbustos con espiñas cunha flor amarela chamada chorima ou alecrín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario