Este blogue está dedicado a nós, todos os nenos e nenas do Primeiro Ciclo do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios para que poidamos
compartir coas compañeiras, compañeiros, profesorado e familias todo o que facemos na clase.

sábado, 2 de febrero de 2013

O ARCO DA VELLA

Que semana máis intensa e aínda non rematamos, queda acabar os disfraces e moito máis ata  o venres e...a celebrar o Entroido!!

Comezamos a viaxe con Luchito, un neno aventureiro que anda á busca da luz do Arco da vella, na cal logra entrar e adquire poderes extraordinarios...






A poesía...






O ARCO DA VELLA

Arco da vella
vaite de aí
que as nenas bonitas
non son para ti.

Fuxe chuvia, 
fuxe sol,
fuxe roda de color,
que a neniña quere brincar 
coas areas do areal.



Vaite néboa,
vaite vento, 
vaite cara de mal tempo,
que a neniña quere correr
polas areas do ler.


¡Ai, miña neniña, nena,
non se vai o arco da vella!

X.M. Álvarez Blázquez




A música...

                          Magín Blanco "Arco da vella"




                      Rainbow Song "I Can Sing A Rainbow" 





Ok GO GO GO!!! Primary Colors

A plástica...







A tradición...


LIM de Julia González

O libro

Todas as cores están na natureza: verde mazá, amarelo limón, azul ceo...Neste libro, cheo de fotografías, descubrimos unha chea de matices e observamos fotos marabillosas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario